xoves, 30 de abril de 2020

RESPOSTA RETO 16

Boas tardes a todos!

Aquí podedes disfrutar as respostas ó reto do luns de dous fenómenos Nico e Manuel coas súas familias, moitas gracias!!




CARPE DIEM 13 SCAPE ROOM EN FAMILIA

Bos días a todos e a todas:

¿Queredes convertirvos en mariñeiros por un día e evitar co voso barco se afunda?
De seguro que si!
A proposta de hoxe é que fagades este scape room ca vosa familia nunha habitación da  casa. Se vos gustan os enigmas e o misterio, que comence a aventura submarina na  vosa casa. 

Ánimo mariñeiros sabemos que  conseguiredes sair do voso barco antes que se afunda.

Deixámosvos a ligazón para que o levedes a cabo. No caso de que non teñades  impresora poderedes debuxalo así  será máis creativo e divertido.


https://www.muelleuno.com/wp-content/uploads/2020/04/AF_ESCAPE-ROOM_COMPLETO.pdf

mércores, 29 de abril de 2020

RETO 17

Reto 17: 29 de abril

Bos días a todos e a todas: PROBA CORPO EN FORMA: "axuda a o pirata Garrapata a encontrar o tesouro"

¿Gustaríavos axudar a o pirata Garrapata a encontrar o tesouro?


Propoñémosvos  facer este divertido circuito da ligapirata. Deixámosvos  a ligazón para que o vexades.






Esperamos que vos guste.

PROBA MENTE EN FORMA:"avións solidarios "


Como todos sabedes a través dos avións están chengando un montón de material para protexer a os sanitarios do covid-19. E para demostrar as vosas habilidades en papiroflexia, ademáis de lanzamento, propoñémosvos  que fagades con folios ou papel de períodico un avión ou varios. Despois teredes que decoralos con frases  ou debuxos de ánimo para os sanitarios. 
Se queredes tamén podedes xogar a facer competicións de lanzamento coas vosas familias. 
Deixámosvos a ligazón  para que a visitedes e vos convirtades en pilotos  solidarios  por un día:




INFORMACIÓN:
Lembrámosvos a todas as familias anotadas para a videochamada a través de zoom que a conexión realizarase as 16:30h
Dispoñedes de toda a información no voso enderezo electrónico.

Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com























































martes, 28 de abril de 2020

CARPE DIEM 12

CARPE DIEM 12: 27 de abril de 2020


Bos días! Recordamos que temos colgado dende o luns un novo reto que está esperando por todos vós.

Hoxe mostrámosvos un stop motion para ensinarvos como nacen os poliños.

Algún de vos sabe cantos días tarda en formarse dentro do ovo un poliño? Pois iso contarémosvolo a continuación no vídeo. Pero antes imos a explicarvos que ocorre nos días previos ao nacemento.

Durante os últimos dias de vida dentro do ovo, o polo vai adoptando a postura para nacer como o facemos tamén os seres humanos. Mentres que nos colocámonos coa cabeza cara abaixo en posición cefálica eles colócanse co peteiro por debaixo a ala dereita.
E xusto 24 horas antes de nacer o polo comeza a empregar os seus pulmóns para respirar e aí e cando el comeza a piar e a picotear a cáscara para conseguir saír a vida. Este proceso pode incluso chegar a durar entre 10 e 20 horas.

E agora estade atentos ao vídeo, porque ademáis de ensinarvos como nace un polo imos a presentarvos a alguén que de seguro coñecedes.

Desexamos de todo o corazón que vos guste.



luns, 27 de abril de 2020

ESPECIAL DEDICATORIA

VÍDEO ÁNIMO: 27 de abril de 2020

Ola a todos e a todas!

Esta semana cómprese un mes e medio de xaque ao virus.

Gracias a todos vos levamos todas estas semanas conseguindo moitísimos antivirus para o noso cole. 

Só nos queda felicitarvos polo ben que o estades a facer e polo ben que vos estades a portar.

Xa queda moi pouco para que nos poidamos abrazar e xogar con todos vos no colexio pero mentres tanto deixámosvos un vídeo moi especial.

Temos unha mensaxe para vos:



Esperamos que vos guste!

CLASIFICACIÓN XERAL

Ola amigos e amigas, hoxe é luns e despois do reto das 12h. que xa podedes ir facendo,  compartimos con vós a clasificación xeral despois de 5 semanas de xogo " Xaque ao Virus", esta semana xa tedes a posibilidade de ir dar un paseiño pola rúa todos os días pero non esquezades seguir facendo as probas de " Corpo e mente en Forma", luns, mércores e venres, hai tempo para todo!! 
Moitas apertas e ánimo...e ás 16h. unha sorpresiña das boas, mooi atentos e atentas o blog!! 


RETO 16

Xa chove menos familia!! A disfrutar a tope de esa horiña que xa podedes estar o aire libre, xa queda menos..

Nos empezamos unha nova semana con moito ánimo!! Recordade que o mércores, se queredes, tedes unha cita cos vosos compañeiros e profes de actividades a través do Zoom ás 16.30h. 

Hoxe luns..dous novos retos!! Moita enerxía familias!!

Proba Corpo en Forma: " Basoira Golf"

Esta proba que vos plantexamos é unha idea orixinal dun colega de Educación Física no que usando material que todos tedes na casa pasaredes un rato ben divertido xogando a esta nova modalidade deportiva, o basoira golf.
Unha basoira, un recolle lixo e pelotiñas ( que se non tedes as podedes facer de papel, papel aluminio etc) é o material que ides necesitar..ahh e ganas e ilusión, ánimo familias todos a participar!!
Pinchade no vídeo e veredes o exemplo..




Proba Mente en Forma: " Un gran aplauso" 

Parece que este mal sono que estamos a vivir por mor do maldito virus está entrando nunha fase donde xa case empezamos a ver o final, gracias a todos e todas vos por quedar na casa día tras día, o final cada vez está máis cerca. GRACIAS.

Nestos días de confinamento todos compartimos un momento, o intre de dar as gracias os sanitarios, policias, traballadores de supermercado...cun gran aplauso ás 20h. dende as nosas fiestras é algo moi especial que cada familia vive dentro da súa casa pero tamén comparte o momento co resto da veciñanza. 

Queremos que grabedes un vídeo ou saquedes unha foto do que vedes e oides dende a vosa ventana ás 20h no momento do aplauso e despois nola enviedes o correo habitual para que a compartades co voso colexio.  

fapasconcepcionarenal@gmail.com

Gracias a todos e todas por participar e gracias por compartir. Apertas grandes de todo o equipo.

INFORMACIÓN:Hoxe as 16:00 estade pendentes do blog! 
TEMOS UNHA MENSAXE PARA VOS!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com











domingo, 26 de abril de 2020

ACTUALIDADE: A DISFRUTAR DO AIRE LIBRE

Bos días fenómenos!! 

Hoxe é un gran día..hoxe rematan os nosos Xogos e comezamos a saír un pouquiño da casa, unha hora cada día pero sempre con sentidiño!! 

Para que vos quede ben clariño e poidades saír ben tranquiliños a rúa, deixámosvos un material moi interesante no que un oso dormilón, moi intelixente, nos vai explicar como debemos facer as cousas..pinchade na imaxe por favor!!


Ademáis hoxe querémosvos lembrar unha información que publicamos o venres que é moi interesante para todos e todas:



OLA FENÓMENOS!!!

Que tal estades?? 

Levamos tanto tempo sen vernos e seguramente levades tanto tempo sen vervos entre vós que tivemos a idea de facer unha Xuntanza Virtual para poder vernos as cariñas, e que poidades tamén falar entre vós, que nos contedes que tal estades e rir un pouco.

Para isto, empregaremos a app que se chama ZOOM,  seguro que moitos xa a coñecedes.

Empregando un móvil, unha tablet ou un ordenador podedes buscala e descargala. O seu emprego despois é moi sinxelo e intuitivo. 

É importante que a aplicación sexa a versión 4.6.10 ou posterior para que esté actualizada.

A cita é o MÉRCORES 29 ÁS 16.30H, ese día a esa hora faremos a video chamada colectiva con ZOOM.

Se estades interesados en participar, enviade un correo o noso email:

fapasconcepcionarenal@gmail.com

Contestaremos o email e recibiredes o ID e Contrasinal para acceder á video chamada o MÉRCORES 29 ÁS 16.30H.

ÁNIMO A TODOS E TODOS...TEDES UNHA CITA COS VOSOS PROFES DE ACTIVIDADES E OS VOSOS COMPAÑEIROS !!

APÚNTASTE A XUNTAZA ???





sábado, 25 de abril de 2020

CARPE DIEM OLIMPIADAS

CARPE DIEM 11 OLIMPIADAS: 25 de abril de 2020


Bos días a todos e todas:

Hoxe sumamos un día mais confinados na nosa casa e xa que estamos coa semana das olimpiadas que vos parece se esta tarde a pasamos de sofa, manta, peli e.. PALOMITAS!

HOXE TOCA SESIÓN DE CINE

Accesorios para proyectores: disfruta del cine en casa

A continuación recomendámosvos unha lista de películas relacionadas coa temática desta semana, elixide unha e dádelle ao PLAY!

Desexamos que pasedes unha boa tarde, esperamos fotos da vosa tarde de cine na casa.

Se estás interesado en que se publique a resposta desta proposta, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

venres, 24 de abril de 2020

XUNTANZA VIRTUAL

OLA FENÓMENOS!!!

Que tal estades?? 

Levamos tanto tempo sen vernos e seguramente levades tanto tempo sen vervos entre vós que tivemos a idea de facer unha Xuntanza Virtual para poder vernos as cariñas, e que poidades tamén falar entre vós, que nos contedes que tal estades e rir un pouco.

Para isto, empregaremos a app que se chama ZOOM,  seguro que moitos xa a coñecedes.

Empregando un móvil, unha tablet ou un ordenador podedes buscala e descargala. O seu emprego despois é moi sinxelo e intuitivo. 

É importante que a aplicación sexa a versión 4.6.10 ou posterior para que esté actualizada.

A cita é o MÉRCORES 29 ÁS 16.30H, ese día a esa hora faremos a video chamada colectiva con ZOOM.

Se estades interesados en participar, enviade un correo o noso email:

fapasconcepcionarenal@gmail.com

Contestaremos o email e recibiredes o ID e Contrasinal para acceder á video chamada o MÉRCORES 29 ÁS 16.30H.

ÁNIMO A TODOS E TODOS...TEDES UNHA CITA COS VOSOS PROFES DE ACTIVIDADES E OS VOSOS COMPAÑEIROS !!

APÚNTASTE A XUNTAZA ???


SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLIMPICOS "RETO 15": 24 de abril de 2020


PROBA CORPO EN FORMA: “tiro de jabalina”

Esta será a vosa última proba corpo en forma destas olimpiadas e consistirá en tiro de jabalina.

Materiais que ides a necesitar:
  •          Sete palliñas. (Ou ben podedes empregar sempre a mesma)
  •         Catro pratos.

Colocaremos os pratos en liña asignándolle unha puntuación de menor a maior, sendo a maior o prato que mais lonxe se atope, a puntuación será a seguinte: 5, 10, 15 e 20 respectivamente.
Vos deberedes colocarvos a seis pes de distancia dos pratos, e dende aí debedes lanzar a vosa “jabalina”, recordade que tendes 7 tiros! A sumar puntos!!


 Adiante campións!


PROBA MENTE EN FORMA: “subimos ao podio”

E como non ía ser doutra forma, unha vez rematada a nosa xornada olímpica chegou a hora da cerimonia de medallas e a subida ao podio. Este podio como ben saberedes ten tres escalóns, situándose a medalla de ouro na tribuna central sendo esta a mais alta, e aos lados as medallas de prata e bronce. 

E adiviñades que lugar ides a ocupar vos? Por suposto que o primeiro posto, merecédelo sen dúbida.

Polo tanto para que esta subida ao podio coa posterior entrega de medallas sexa posible primeiramente debedes realizar a vosa tribuna. Como? Pois debedes colocar varias sillas de diferentes tamaños e facer os carteis cos números das diferentes posicións. 
E agora só vos queda facer a vosa medalla de ouro.

Deixámosvos uns exemplos para que teñades algunha idea.



Felicidades campeóns!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

xoves, 23 de abril de 2020

CARPE DIEM ESPECIAL VALORES OLÍMPICOS

CARPE DIEM 10 ESPECIAL VALORES OLÍMPICOS NO DÍA DO LIBRO: 23 de abril de 2020

Moi boas compañeiros!! 

Continuamos ca nosa semana temática sobre os Xogos Olímpicos e hoxe ademáis é o Día do Libro. Cremos que pode ser moi interesante falar un pouco da relación existente dos valores, que tan importantes son na vida cotiá de todo ser humano,cos valores do Espíritu Olímpico.

Excelencia. Amizade. Respeto.

Estos tres valores foron os seleccionados para describir a base sobre o que o Movemento Olímpico une deporte, cultura e educación en beneficio dos seres humanos.

Os símbolos màis representativos do Olimpismo: o seu lema "màis alto, máis lonxe, màis forte" identifícase ca excelencia e esforzo de todos os atletas; a chama olímpica, simboliza a amizade entre os pobos e os aneis olímpicos son o respeto entre nacións e a non discriminar de ningún continente.

Todo esto e moito màis aparece reflexado nun cómic que vos queremos recomendar, celebrando así o Día do Libro, podedes disfrutalo clicando na seguinte imaxe:





RESPOSTA RETO ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS

Gracias Nico e familia por representar o Reino Unido nos xogos olimpicos do cole, aquí posan ca súa bandeira, un aplauso inmenso para vos!! 

Esperamos máis resposta os retos, o único importante é participar, moito ánimo a todos e todas e seguide aguantado na casa que xa queda menos, sodes uns fenómenos. Aquí no voso blog en breves, màis sorpresas!! 



E aquí temos os representantes de Turquía con Edu Rodríguez e familia que fixeron a súa bandeira e a chama Olímpica, braavoo familia!! Moitas gracias por participar!!


mércores, 22 de abril de 2020

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS RETO 14: 22 de abril de 2020

Bos días  a todos e a todas:

PROBA CORPO EN FORMA: "Somos atletas"


Como todos sabedes  esta semana estamos celebrando os xogos olímpicos no noso colexio. Unha das actividades nos xogos olimpicos consiste en que atletas de diferentes deportes  de cada país fagan probas en diferentes niveis como poden ser (salto, forza, lazamento, etc.) para conseguir algunha medalla a cal pode ser de ouro, prata ou bronce. 
¿Queredes convertirvos en atletas dun  país por un día ? Por suposto!! 
Propoñémosvos que fagades esta proba de salto. 


Deixámosvos o ligazón para que a poidades acceder a el:


Esperamos a vosas fotos e vídeos.



PROBA MENTE EN FORMA: "O tabú das olimpiadas"

Para que traballedes a vosa imaxinación e expresión corporal coas vosas familias propoñémosvos que realizades este divertido xogo chamado "o tabú". Para levalo a cabo necesitaredes un dado dun xogo que teñades na casa e imprimir estas fichas de deportes que vos deixamos o ligazón neste enlace.






O procedemento para xogar consistirá en que toda a familia sentados  nunha mesa  vaian  rodando o dado .O membro da familia que obteña máis puntos empeza a partida .No caso que se produza   un empate , volverase a roda.Por turnos cada membro da familia terá a través da mímica que conseguir co resto adiviñen o deporte durante un minuto .No caso que o consiga obterán un punto.O membro da familia que obteña máis puntuación gañará









Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




martes, 21 de abril de 2020

CARPE DIEM OLIMPIADAS

CARPE DIEM 9: 21 de abril de 2020


Bos  días a todos e a todas:
Como todos sabedes  esta semana estanse a celebrar os xogos olímpicos no cole.

¿Sabedes o que son é porque se chaman así?

Pois son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversos deportes de diferentes países. O seu nome e debido a que os primeiros xogos  olímpicos realizáronse en Olimpya, unha  cidade grega onde cada catro anos os mellores atletas  de todas as cidades (estados e reinos) de Grecia reuníanse  nesta cidade e competían en honra a Zeus, un dos deuses gregos. Supoño que tamén sabedes xa que sodes moi listos, que en todos os xogos  encontramos símbolos  importantes como son  a bandeira de cada país, os aros que representan os cinco continentes, a mascota, etc. 
Hoxe vamos a falarvos  do importante que é a "antorcha olímpica" ¿Sabedes que? Esta conmemora o roubo do fogo dos deuses por parte de Prometeo e a súa posterior entrega a humanidades. 

¿E sabedes que función fai nos xogos olímpicos a antorcha?

Varios meses antes da apertura dos xogos olímpicos esta antorcha acendese a través dunha cerimonia de iluminación en olympia (Grecia), representada por sacerdotisas gregas que como vestimenta levan a toga. 
Isto prodúcese a través dun procedemento onde a calor do sol concéntrase nun espello parabólico e a chama acéndese. Despois a primeira atleta colle a antorcha que é transportada a través dunha carreira de relevos de diferentes atletas ata a cidade  onde se realizan os xogos olímpicos que este ano se celebrarían en Tokio. Unha vez alí, o último  atleta que será anónimo  e o responsable de acender o pebetero olímpico onde se manterá a chama ata que finalicen os xogos. 


Deixámosvos unha ligazón para que miredes de maneira lúdica o desprazamento da antorcha olímpica.




Propoñémovos como recurso educativo que fagades unha antorcha  olímpica e desfiledes pola vosa casa compartindoa coas vosas familias como se fórades diferentes atletas. A través deste ligazón explicámosvos como se elabora. 






  





luns, 20 de abril de 2020

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS

Bos días familia.

Hoxe é un día especial. Hoxe comezan os Xogos Olímpicos do Concepción Arenal. 
Como a maioría saberes por mor do maldito virus os Xogos Olímpicos que se ía celebrar en Xapón este verán quedaron pospostos para o ano que ven.
Esta semana o voso xogo online de "Xaque ao Virus" será un especial Xogos Olímpicos, a dinámica será a mesma, teredes que facer os retos do luns, mércores e venres, enviar as respostas o email do cole (a poder ser darnos autorización para poder publicalas por favor, xa que o mundo enteiro estará pendente do resultado destos xogos) e tamén estar atentos o resto das publicacións do blog; con todo isto celebraremos os nosos particulares Xogos Olímpicos. 
Estades preparados?? Seguro que sí. Moito ánimo e comenzamos co reto de hoxe luns!! 

PROBA MENTE EN FORMA: "Ceremonia inagural"

Pinchade no video por favor..



Todos os Xogos Olímpicos comezan cunha ceremonia inagural, pois os nosos non poden ser menos.
O que teredes que facer é escoller un país de todo mundo, o que màis vos guste, se buscades nun mapamundi moito mellor o cal ides representar durante toda a semana, canto màis exótico o país creemos que màis divertido.
Tedes que facer a súa bandeira, buscala se non a coñecedes, en papel, cartón, tea en tamaño grande ou pintala nalgunha camiseta vella que teñades por casa, o da camiseta sería o ideal porque así tamén vos valdría para usar como equipación deportiva para facer as probas. Podedes buscar o himno tamén.
Cando teñades a bandeira o que vos falta é facer o desfile de entrada o estadio, farédelo pola vosa casa, saudando e sorrindo á cámara movendo a bandeira como a ocasión o merece. Sodes o orgullo de voso país. Comenzan os Xogos.
Por suposto queremos vídeo, fotos..de todo, e si nos deixades publicalas sería estupendo, queremos facer un gran documental deste acontecemento!!  Forza familia!

PROBA CORPO EN FORMA: "Pequeno homenaxe ao Maratón"

Para moitos a proba reina de todos os Xogos, a proba que cerra a competición e posiblemente a máis esixente a nivel físico..estamos a falar da carreira de Maratón, as nosas olimpiadas empezan polo final. 

Neste primeiro reto de corpo en forma queremos facerlle un pequeno homenaxe e que faigades o voso pequeno maratón caseiro cun xogo moi interesante. Este xogo foi creado pola organización da maratón de Valencia, a maratón máis importante do noso país, para intentar "disfrutalo" nesta época de confinamiento.

Se pinchades na seguinte foto farase máis grande e podedes ler as normas do xogo e ver o taboleiro, ainda que tamen vos deixaremos debaixo da fotografía o enlace directo ao PDF por si vos é mais cómodo; unha recomendación é que podedes usar ese taboleiro virtual e apuntades nun papel o número da casilla donde ides caendo.




Enlace directo ao PDF;
PINCHA AQUI: https://www.valenciaciudaddelrunning.com/wp-content/uploads/2020/04/juego-circuit-5k.pdf

Queremos vídeos, fotos..dun trociño da partida, e se nos deixades publicalas estaríamos moi agradecidos. Moito ánimo e GRACIAS.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




CLASIFICACIÓN XERAL

Ola familias!! Xa temos unha nova Clasificación semanal, despois de un mes de xogo a clasificación está màis axustada que nunca e entre todos estamos a sumar moitos puntiños. Gracias a todos e todas!! 
As 12h MOITAS novedades no voso blog, moi atentos!! 



domingo, 19 de abril de 2020

RESPOSTA RETO 12

Boas tardes a todos! 

Esperamos que pasárades unha fin de semana entretida.
Hoxe domingo imos a compartir con vos unha das respostas que nos chegou. 
Nico e a súa nai descubren a resposta do reto mente en forma! Aínda que nos toca decir que non foron os únicos que a descubriron, felicidades a todos! Sodes uns xenios 🥳 





Mañá luns comeza unha semana diferente ata a data. Cumprimos un mes de xaque ao virus e celebrámolo cunha temática diferente! Ídesvolo a perder?
Esperámosvos mañá as 12:00h coma sempre! ♥️

Gracias Leo, gracias Vega. Gracias familia!


UN MES DE "XAQUE AO VIRUS"

UN MES DE "XAQUE AO VIRUS": 19 de abril de 2020


Este domingo cúmprense catro semanas do programa on-line "Xaque ai Virus". E esta é unha boa ocasión para lembrar a esas persoas que están na primeira liña de batalla na loita contra o Coronavirus: os sanitarios.
E que mellor maneira de facelo que con este comic de JULIO ZANFAÑO, profesor e debuxante.




Grazas pola tua aportación Julio.

sábado, 18 de abril de 2020

ACTUALIDAD

ACTUALIDADE: 19 de abril de 2020

Bos días a todos e a todas:

¿Creedes que a través do cine se pode aprender lingua e matemáticas? Pois claro que si!! 
Propoñémosvos que visitedes a páxina "platino educa" onde  a través do cine aprenderedes as materias que estudiades no colexio  de forma máis dinámica e divertida coas vosas familias.

Deixámosvos a ligazón para que vos poidades rexistrar e así acceder ao contido. Esperamos que vos guste.

venres, 17 de abril de 2020

RETO 12


RETO 12: 17 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: “adiviña matemática”

As adiviñas non só son divertidas de resolver, tamén son unha boa forma de adestrar e probar a axilidade do teu cerebro.

Aquí vos deixamos unha imaxe e a ver se sodes quen de resolver a última conta, para iso debes adiviñar cal é o valor de cada froita.


PROBA CORPO EN FORMA: “transporte aéreo”

A continuación deixámosvos un vídeo explicando en que consistirá a proba corpo en forma. Esperamos as vosas respostas!


INFORMACIÓN CARA A FIN DE SEMANA:
Sábado as 12:00h publicación de actualidade.
Domingo as 12:00h publicación dun comic de JULIO ZANFAÑO.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com