Amosando publicacións coa etiqueta Reto 12. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reto 12. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de abril de 2020

RESPOSTA RETO 12

Boas tardes a todos! 

Esperamos que pasárades unha fin de semana entretida.
Hoxe domingo imos a compartir con vos unha das respostas que nos chegou. 
Nico e a súa nai descubren a resposta do reto mente en forma! Aínda que nos toca decir que non foron os únicos que a descubriron, felicidades a todos! Sodes uns xenios 🥳 





Mañá luns comeza unha semana diferente ata a data. Cumprimos un mes de xaque ao virus e celebrámolo cunha temática diferente! Ídesvolo a perder?
Esperámosvos mañá as 12:00h coma sempre! ♥️

Gracias Leo, gracias Vega. Gracias familia!


venres, 17 de abril de 2020

RETO 12


RETO 12: 17 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: “adiviña matemática”

As adiviñas non só son divertidas de resolver, tamén son unha boa forma de adestrar e probar a axilidade do teu cerebro.

Aquí vos deixamos unha imaxe e a ver se sodes quen de resolver a última conta, para iso debes adiviñar cal é o valor de cada froita.


PROBA CORPO EN FORMA: “transporte aéreo”

A continuación deixámosvos un vídeo explicando en que consistirá a proba corpo en forma. Esperamos as vosas respostas!


INFORMACIÓN CARA A FIN DE SEMANA:
Sábado as 12:00h publicación de actualidade.
Domingo as 12:00h publicación dun comic de JULIO ZANFAÑO.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com