Amosando publicacións coa etiqueta Reto 9. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reto 9. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2020

RESPOSTA RETO 9 Parte ll

In extremis nos chega a resposta ao Reto 9 por parte do gran Manuel Tomé. Graciñas!
E tamén por parte da fenómena Emma Muleiro. Graciñas !!
Ás 12 h. novo reto e a nova Clasificación xeral. Ánimos familas!!








sábado, 11 de abril de 2020

RESPOSTA RETO 9

Boas tardes!

Comezan a chegar as respostas ao reto 9!

Neste caso Nico móstranos o seu Tangram caseiro realizando un peixe 🐠 e mais un fermoso cisne 🦢.  Grazas Nico!





Esperamos recibir moitísimos mais!

Mañá as 12:00h nova publicación. ⏰ 

Un saúdo.

venres, 10 de abril de 2020

RETO 9


RETO 9: 10 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: “Tangram”

Animádesvos a crear o voso propio tangram?
Para os que non o coñezan trátase dun xogo de orixe chino formado por sete pezas poligonais, xeralmente de madeira, coas que se poden crear diversas figuras.
Este xogo é moi empregado para promover o desenvolvemento das capacidades psicomotrices e intelectuais dos nenos. Debido a isto hoxe propoñémosvos crear o voso propio Tangram realizando as figuras “base” nun folio, cartulina, cartón.. o material que empregedes é indiferente, pero iso si, canto mais duro sexa o material mais cómodo será para os nenos.
A continuación deixámosvos unha imaxe onde teredes as medidas que necesitades para facer as vosas pezas. Agardamos ver cal é a vosa figura favorita!

    





PROBA CORPO EN FORMA: “Queda na casa”

E para manter o corpo en forma propoñémosvos bailar un pouquiño, e con que canción? Pois con unha que nos recorda o importante que é quedar na casa.
Teredes que realizar unha pequena coreografía que dura aproximadamente 22 segundos. A continuación deixámosvos o vídeo para que a realicedes.



Se preferides acceder ao enlace de youtube o anaquiño que terán que bailar os pequenos da casa serán os comprendidos entre o minuto 0:31 e o minuto 0:54: 
https://www.youtube.com/watch?v=AYvRwsLU2uI 

INFORMACIÓN:
ESTE DOMINGO AS 12:00 ESPECIAL PASCUA.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com