Nos empezamos unha nova semana con moito ánimo!! Recordade que o mércores, se queredes, tedes unha cita cos vosos compañeiros e profes de actividades a través do Zoom ás 16.30h.
Hoxe luns..dous novos retos!! Moita enerxía familias!!
Proba Corpo en Forma: " Basoira Golf"
Esta proba que vos plantexamos é unha idea orixinal dun colega de Educación Física no que usando material que todos tedes na casa pasaredes un rato ben divertido xogando a esta nova modalidade deportiva, o basoira golf.
Unha basoira, un recolle lixo e pelotiñas ( que se non tedes as podedes facer de papel, papel aluminio etc) é o material que ides necesitar..ahh e ganas e ilusión, ánimo familias todos a participar!!
Pinchade no vídeo e veredes o exemplo..
Proba Mente en Forma: " Un gran aplauso"
Parece que este mal sono que estamos a vivir por mor do maldito virus está entrando nunha fase donde xa case empezamos a ver o final, gracias a todos e todas vos por quedar na casa día tras día, o final cada vez está máis cerca. GRACIAS.
Nestos días de confinamento todos compartimos un momento, o intre de dar as gracias os sanitarios, policias, traballadores de supermercado...cun gran aplauso ás 20h. dende as nosas fiestras é algo moi especial que cada familia vive dentro da súa casa pero tamén comparte o momento co resto da veciñanza.
Queremos que grabedes un vídeo ou saquedes unha foto do que vedes e oides dende a vosa ventana ás 20h no momento do aplauso e despois nola enviedes o correo habitual para que a compartades co voso colexio.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Gracias a todos e todas por participar e gracias por compartir. Apertas grandes de todo o equipo.
INFORMACIÓN:Hoxe as 16:00 estade pendentes do blog!
TEMOS UNHA MENSAXE PARA VOS!
***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario