Hoxe é un día especial. Hoxe comezan os Xogos Olímpicos do Concepción Arenal.
Como a maioría saberes por mor do maldito virus os Xogos Olímpicos que se ía celebrar en Xapón este verán quedaron pospostos para o ano que ven.
Esta semana o voso xogo online de "Xaque ao Virus" será un especial Xogos Olímpicos, a dinámica será a mesma, teredes que facer os retos do luns, mércores e venres, enviar as respostas o email do cole (a poder ser darnos autorización para poder publicalas por favor, xa que o mundo enteiro estará pendente do resultado destos xogos) e tamén estar atentos o resto das publicacións do blog; con todo isto celebraremos os nosos particulares Xogos Olímpicos.
Estades preparados?? Seguro que sí. Moito ánimo e comenzamos co reto de hoxe luns!!
PROBA MENTE EN FORMA: "Ceremonia inagural"
Pinchade no video por favor..
Todos os Xogos Olímpicos comezan cunha ceremonia inagural, pois os nosos non poden ser menos.
O que teredes que facer é escoller un país de todo mundo, o que màis vos guste, se buscades nun mapamundi moito mellor o cal ides representar durante toda a semana, canto màis exótico o país creemos que màis divertido.
Tedes que facer a súa bandeira, buscala se non a coñecedes, en papel, cartón, tea en tamaño grande ou pintala nalgunha camiseta vella que teñades por casa, o da camiseta sería o ideal porque así tamén vos valdría para usar como equipación deportiva para facer as probas. Podedes buscar o himno tamén.
Cando teñades a bandeira o que vos falta é facer o desfile de entrada o estadio, farédelo pola vosa casa, saudando e sorrindo á cámara movendo a bandeira como a ocasión o merece. Sodes o orgullo de voso país. Comenzan os Xogos.
Por suposto queremos vídeo, fotos..de todo, e si nos deixades publicalas sería estupendo, queremos facer un gran documental deste acontecemento!! Forza familia!
PROBA CORPO EN FORMA: "Pequeno homenaxe ao Maratón"
Para moitos a proba reina de todos os Xogos, a proba que cerra a competición e posiblemente a máis esixente a nivel físico..estamos a falar da carreira de Maratón, as nosas olimpiadas empezan polo final.
Neste primeiro reto de corpo en forma queremos facerlle un pequeno homenaxe e que faigades o voso pequeno maratón caseiro cun xogo moi interesante. Este xogo foi creado pola organización da maratón de Valencia, a maratón máis importante do noso país, para intentar "disfrutalo" nesta época de confinamiento.
Se pinchades na seguinte foto farase máis grande e podedes ler as normas do xogo e ver o taboleiro, ainda que tamen vos deixaremos debaixo da fotografía o enlace directo ao PDF por si vos é mais cómodo; unha recomendación é que podedes usar ese taboleiro virtual e apuntades nun papel o número da casilla donde ides caendo.
Enlace directo ao PDF;
PINCHA AQUI: https://www.valenciaciudaddelrunning.com/wp-content/uploads/2020/04/juego-circuit-5k.pdf
Queremos vídeos, fotos..dun trociño da partida, e se nos deixades publicalas estaríamos moi agradecidos. Moito ánimo e GRACIAS.
***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario