venres, 24 de abril de 2020

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLIMPICOS "RETO 15": 24 de abril de 2020


PROBA CORPO EN FORMA: “tiro de jabalina”

Esta será a vosa última proba corpo en forma destas olimpiadas e consistirá en tiro de jabalina.

Materiais que ides a necesitar:
  •          Sete palliñas. (Ou ben podedes empregar sempre a mesma)
  •         Catro pratos.

Colocaremos os pratos en liña asignándolle unha puntuación de menor a maior, sendo a maior o prato que mais lonxe se atope, a puntuación será a seguinte: 5, 10, 15 e 20 respectivamente.
Vos deberedes colocarvos a seis pes de distancia dos pratos, e dende aí debedes lanzar a vosa “jabalina”, recordade que tendes 7 tiros! A sumar puntos!!


 Adiante campións!


PROBA MENTE EN FORMA: “subimos ao podio”

E como non ía ser doutra forma, unha vez rematada a nosa xornada olímpica chegou a hora da cerimonia de medallas e a subida ao podio. Este podio como ben saberedes ten tres escalóns, situándose a medalla de ouro na tribuna central sendo esta a mais alta, e aos lados as medallas de prata e bronce. 

E adiviñades que lugar ides a ocupar vos? Por suposto que o primeiro posto, merecédelo sen dúbida.

Polo tanto para que esta subida ao podio coa posterior entrega de medallas sexa posible primeiramente debedes realizar a vosa tribuna. Como? Pois debedes colocar varias sillas de diferentes tamaños e facer os carteis cos números das diferentes posicións. 
E agora só vos queda facer a vosa medalla de ouro.

Deixámosvos uns exemplos para que teñades algunha idea.



Felicidades campeóns!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario