Bos días! Recordamos que temos colgado dende o luns un novo reto que está esperando por todos vós.
Hoxe mostrámosvos un stop motion
para ensinarvos como nacen os poliños.
Algún de vos sabe cantos días
tarda en formarse dentro do ovo un poliño? Pois iso contarémosvolo a
continuación no vídeo. Pero antes imos a explicarvos que ocorre nos días
previos ao nacemento.
Durante os últimos dias de vida
dentro do ovo, o polo vai adoptando a postura para nacer como o facemos tamén
os seres humanos. Mentres que nos colocámonos coa cabeza cara abaixo en
posición cefálica eles colócanse co peteiro por debaixo a ala dereita.
E xusto 24 horas antes de nacer o
polo comeza a empregar os seus pulmóns para respirar e aí e cando el comeza a
piar e a picotear a cáscara para conseguir saír a vida. Este proceso pode incluso
chegar a durar entre 10 e 20 horas.
E agora estade atentos ao vídeo,
porque ademáis de ensinarvos como nace un polo imos a presentarvos a alguén que
de seguro coñecedes.
Desexamos de todo o corazón que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario