mércores, 22 de abril de 2020

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS

SEMANA ESPECIAL XOGOS OLÍMPICOS RETO 14: 22 de abril de 2020

Bos días  a todos e a todas:

PROBA CORPO EN FORMA: "Somos atletas"


Como todos sabedes  esta semana estamos celebrando os xogos olímpicos no noso colexio. Unha das actividades nos xogos olimpicos consiste en que atletas de diferentes deportes  de cada país fagan probas en diferentes niveis como poden ser (salto, forza, lazamento, etc.) para conseguir algunha medalla a cal pode ser de ouro, prata ou bronce. 
¿Queredes convertirvos en atletas dun  país por un día ? Por suposto!! 
Propoñémosvos que fagades esta proba de salto. 


Deixámosvos o ligazón para que a poidades acceder a el:


Esperamos a vosas fotos e vídeos.



PROBA MENTE EN FORMA: "O tabú das olimpiadas"

Para que traballedes a vosa imaxinación e expresión corporal coas vosas familias propoñémosvos que realizades este divertido xogo chamado "o tabú". Para levalo a cabo necesitaredes un dado dun xogo que teñades na casa e imprimir estas fichas de deportes que vos deixamos o ligazón neste enlace.






O procedemento para xogar consistirá en que toda a familia sentados  nunha mesa  vaian  rodando o dado .O membro da familia que obteña máis puntos empeza a partida .No caso que se produza   un empate , volverase a roda.Por turnos cada membro da familia terá a través da mímica que conseguir co resto adiviñen o deporte durante un minuto .No caso que o consiga obterán un punto.O membro da familia que obteña máis puntuación gañará









Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario