venres, 29 de maio de 2020

D E S P E D I D A

29 de maio de 2020


¡Hoxe tócanos despedirnos de todos vos

XAQUE AO VIRUS

chegou ao seu fin!

Comezar dicindo que esta foi unha etapa diferente para todos. Tanto a vos como a nos tocounos tirar da tecnoloxía e saber adaptarnos a nova situación pero soubemos facelo a perfección.

E para continuar toca dar as grazas, dar as GRAZAS INFINITAMENTE a todos os pequenos e pequenas que participaron, aínda que especialmente a todas as familias, xa que sen vos isto non sería posible. 
Grazas a todos os pais e nais que participaron en cada reto dando todo e axudando a sumar mais e mais puntos.

Esperamos de todo corazón que vos gustaran todas e cada unha das propostas que vos fixemos xa que puxemos todo o noso amor en cada unha.

Oxalá volver a coincidir con vos moi pronto.

Gracias por todo, fixéchedes que o noso confinamento fose algo mais ameno.

Todos os nenos e nenas do cole que participáchedes nos retos do xogo online "Xaque ao Virus" tedes unha pequena recompensa... os días 1, 2 e 3 de xuño farese unha entrega de medallas e diplomas no Fórum Metropolitano, de 16h a 18h, na entrada teredes que identificarvos e levar a vosa mascarilla posta para poder recibila. 


BO VERAN




Asensi Zapata, Laura
Sancosmed Dopico, Pablo
Vilela Iglesias, Cristina

xoves, 28 de maio de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE ACTUALIDADE

Moi bos días a todos e todas!!

Hoxe queremos trasladarvos unha información moi importante..cérrase unha etapa moi especial para todos, esta semana acaba "Xaque ao Virus" pero empeza outra igual ou màis divertida.

Todos os nenos e nenas do cole que participáchedes nos retos do xogo online "Xaque ao Virus" tedes unha pequena recompensa... os días 1, 2 e 3 de xuño farese unha entrega de medallas e diplomas no Fórum Metropolitano, de 16h a 18h, na entrada teredes que identificarvos e levar a vosa mascarilla posta para poder recibila. 


E como dixemos antes, cérrase unha etapa pero ábrese outra.. falamos do programa de verán " Con Cilia Verán 2020", aquí tedes o enlace do concello con toda a información e para que vos poidades apuntar se vos interesa. Pinchade na imaxe.




E xa para rematar, mañá as 12:00h publicaremos a derradeira entrada no blog, é unha pequena sorpresa para todos e todas vos. Non a deixedes de ver. MOITAS GRACIAS.





mércores, 27 de maio de 2020

RETO EXPRESS

RETO EXPRESS 4: 27 de maio de 2020

Boas tardes, hoxe traémosvos outro reto, un reto express, de seguro acertades!



Quen de vos coñece a imaxe anterior? 

Todos algunha vez paseamos arredor da Torre de Hércules e mesmo subimos ata arriba os seus 55 metros de altura pero ainda que chegaramos suando e case sen alento de seguro mereceu a pena polas vistas ata ese infinito horizonte.

Pero.. saberiades decirme cantos peldaños ten a Torre de Hercules?




Recordade deixar as respostas abaixo nos comentarios!


NOTA: 
Xoves 28 as 12:00h: Información IMPORTANTE.
Venres 29 as 12:00h: SORPRESA.

RETO 29


RETO 29: 27 de maio de 2020

Hoxe traémosvos o derradeito reto, e non so do mes de maio, senón que do programa "Xaque ao Virus". 
Xuntos conseguimos moitísimos antivirus para así facerlle frente ao Covid-19, pero agora chegou o momento de continuar loitando cada un dende os seus fogares. 
Pedímosvos responsabilidade e prudencia xa que aínda nos queda un longo camiño por percorrer, pero somos fortes e nos poderemos con todo isto. 

E agora chegou a hora, imos a comprobar que tal tedes os vosos pulmóns. 

IDE COLLENDO AIRE!

PROBA CORPO EN FORMA: "A mover o esqueleto con enerxía"

Para continuar con un pouco de alegría esta última semana, queremos que nos mostredes unha vez máis os vosos dotes no baile con esta divertida coreografía  coas vosas familias.

PROBA MENTE EN FORMA: “Carreira de gusanos”

Que vos parece se realizamos uns gusanos? SISI dixen uns gusanos!
Son moi doados de facer e despois podedes facer unhas carreiras coa vosa familia e ver quen resulta o vencedor.

A continuación no vídeo mostrámosvos como se fai:



GRAZAS POR ESTAR CON NOS CADA SEMANA DENDE O PASADO MES DE MARZO
                                
NOTA: 
Hoxe as 16:00h RETO EXPRESS.
Xoves 28 as 12:00h: Información IMPORTANTE.
Venres 29 as 12:00h: SORPRESA.

Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

martes, 26 de maio de 2020

CARPE DIEM 18

CARPE DIEM 18: 26 de maio de 2020

E onte finalizamos a publicación de retos de "Xaque ao virus".
Esperemos que o pasarades moi ben e vos fixera o confinamento mais ameno.

Hoxe, último sábado do mes de maio propoñémosvos este fantástico scape room:

"A granxa de Mr Fox, encontra os ovos de cores"

Consiste en  axudar a galiña  que vive na granxa de MR Fox a  encontrar os dez ovos que perdeu.

O material que necesitades son: 

  • Papel.
  • Cores.
  • Tesoiras.
No seguinte enlace tedes toda a información:

https://mcusercontent.com/a42bca760ce6c10f6d39c9df0/files/f6f4c31f-958a-4340-a7e1-c5c4887e0572/La_granja_peque_mr_fox.pdf?utm_source=Definitive_SPA_Name%26Email&utm_campaign=ca118453a4-EMAIL_CAMPAIGN_2020_04_17_09_18_COPY_01&utm_medium=email&utm_term=0_338c6328aa-ca118453a4-122689301





luns, 25 de maio de 2020

RETO 28

Boas a todos e todas! 

Parace que fai dous días que comezamos co xogo de Xaque ao Virus e hoxe entramos na derradeira semana, teremos a posibilidade de conseguir os últimos puntos de antivirus cos retos de toda a semana e darlle así Xaque Mate ao famoso virus. 

Gracias, MOITAS GRACIAS a todos os participantes. Foi unha experiencia única para todos nós. 

Que tal se acabamos toda esta aventura cun gran sorriso ?? 

Seguimos ca saga dos luns de facer Fotos de Paseo, cunha proba única de Corpo e Mente en Forma..



Simplemente queremos veros rir, sorrir, celebrar..!

Fotos ou vídeos de todos vós rindo ou sorrindo, ou brindando, ou celebrando como se marcarades un GOL ao Virus e demostrando que esto o superamos entre todos e a vida continúa..e non temos dúbida que a vida cun sorriso merece moito màis a pena. Gracias.

Moitos bicos e apertas para todos e todas de parte de todo o equipo.

UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.



ESTE É O CALENDARIO DA SEMANA



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

fapasconcepcionarenal@gmail.com


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.


Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.


fapasconcepcionarenal@gmail.com







CLASIFICACIÓN XERAL

CLASIFICACIÓN XERAL: 

37.5 SEMANA DO XOGO

COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.


UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.


ESTE É O CALENDARIO DA SEMANA



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

fapasconcepcionarenal@gmail.com


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

domingo, 24 de maio de 2020

CARPE DIEM 18

CARPE DIEM 18: 24 de maio de 2020

Para que pasedes unha tarde divertida propoñémosovos que fagades plastilina caseira. 
Material que necesitades : 

  • Tres tazas de fariña.
  • Unha taza de sal fina.
  • Unha taza de auga.
  • Entre duas e cinco cucharadas de aceite.
  • Colorante alimenticio. 
Para a súa elaboración so tes que mezclar todos os ingredientes nun recipiente
No caso que vexades que a textura é un pouco dura debedes engadir un pouco de aceite.
Agora toca divertirvos e desenrolar a vosa creatividade. 
Deixámosvos unha ligazón para que vexades a elaboración .









sábado, 23 de maio de 2020

CARPE DIEM 17

CARPE DIEM: 23 de maio de 2020


No vídeo de hoxe imos a ensinarvos a facer unha ra de papel, mais comunmente chamado origami ou papiroflexia

O Origami é unha arte que consiste no plegado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter diferentes figuras.

Queredes aprender a facer unha ra?

Tan só tedes que darlle ao "play" e ter a man un folio, un lapis, unha regra e unha tesoira.

Fácil verdade? 



Unha vez que teñades a vosa ra feita so tedes que practicar o voso mellor salto e asi poder competir coa vosa familia por ver quen chega mais lonxe!

Podedes enviarnos ao noso correo as vosas fotos e videos da vosa ra para ensinarnos o ben que o fixechedes: fapasconcepcionarenal@gmail.com

venres, 22 de maio de 2020

RETO 27


RETO 27: 22 de maio de 2020

PROBA CORPO EN FORMA: “Equilibrio”

Como ides de equilibrio? Hoxe imos a comprobalo.

Debedes coller algo que de seguro tedes pola casa, un rolo de papel hixiénico!
Estades listos? agora vos explicamos que debedes facer con el:

  1. Este debedes colocalo na cabeza e a continuación camiñar en liña recta.
  2. Como cremos que isto para vos é moi fácil vamos a complicalo un pouquiño, co papel hixiénico na cabeza debedes agacharvos e conseguir tocar o chan.
  3. E xa para os mais expertos equilibristas co rolo de papel na cabeza e a pata coxa debedes ir agachándovos.

Conseguirédelo? Quen se atreve a facelo non con un, senón con dous rolos de papel?

PROBA MENTE EN FORMA: “Adiviña matemática”

E agora no reto mente en forma teredes que pensar e votar contas, a continuación deixámosvos un crebacabezas. Seredes quen de resolvelo?

Un coello viu a seis elefantes mentres se dirixía ao río.
Cada elefante viu a dous monos que se dirixían ao río.
Cada mono sostén un loro nas súas mans.
¿Cantos animais can cara o río?
                                    
Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com


xoves, 21 de maio de 2020

XOGA NA CASA 3

XOGO EN CASA: 

ÚLTIMA SEMANA,

ÚLTIMAS CLASES!!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIONS.


ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

fapasconcepcionarenal@gmail.com

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

RETO EXPRESS

RETO EXPRESS: 21 de maio de 2020

Bos días a todo e a todas:

¿Sabedes cal e o barrio histórico  da Coruña que ten máis igrexas por metro cadrado na comunidade galega ?





mércores, 20 de maio de 2020

RETO 26

RETO 26: 20 de maio de 2020

Bos dias nenos e nenas:

RETO MENTE EN FORMA: "Adiviña a mensaxe "

Hoxe como reto propoñemosvos este divertido xogo  chamado "mensaxe na costa".
Para levalo cabo teredes que facer un debuxo nunha folla e logo cos vosos  dedos debuxalo na costa dun familiar o un familiar debuxalo na vosa costa. 
Deixamosovos este ligazón para que  vexades como se fai.



https://www.youtube.com/watch?v=qi6uB1Lqtr4



RETO CORPO EN FORMA : "que non caia o ovo"

O outro día falamos  dos xogos tradicionais. Pois hoxe propoñémosvos outro xogo  "o ovo e  a cuchara".
Para levalo a cabo necesitades buscar un espacio libre de obstáculos  para facer o circuito. Logo teredes que coller unha cuchara e poñer dentro dela unha pelota de ping pong ou facer unha pelota con papel. Despois debedes facer un recorrido xuxetando coa vosa boca  a cuchara coa pelota dentro  sen que vos caiga, ida e volta durante  tres  veces. Deixámosvos un ligazón para que o vexades.



Esperamos que vos gusten .

Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




martes, 19 de maio de 2020

ACTUALIDADE

ACTUALIDADE: 19 de maio de 2020

¿Querédes descubrir  como é o fondo do mar e coñecer  cales son algúns dos animáis e plantas que ali habitan? Pois a través de "IEO  Vigo" Investigación Marina e Divulgación, podedes realizar esta actividad de realidade aumentado do fondo marino.
Para levala acabo teredes que pintar uns debuxos, descaragar unha app e logo os vosos fillos poderán disfrutar nos seus dispositivos e ver como os debuxos cobran vida.
Ademáis do fondo do mar poderedes ver máis debuxos.
A través destes ligazóns deixámosvos a explicación da actividade e tamén os debuxos para que os descarguedes e poidades colorealos.

















luns, 18 de maio de 2020

RETO 25

Bos días nenos e nenas, familias e amigos!!

Entramos nas derradeiras semanas do mes, pouquiño a pouco iremos chegando o fin do xogo e esperemos que o fin do bichiño tamén chegue pronto...moito ánimo a todos e todas nesta última etapa, gustaríanos ter màis participación que nunca para obter moitos puntiños de antivirus. 

O reto de hoxe é unha proba única de "Corpo e Mente en Forma" como fixemos o luns pasado...falamos de : "Fotos de Paseo"




Como xa fai un tempo que podedes estar o aire libre e podedes pasear, xogar ou facer exercio...o importante é disfrutar do momento ca familia e amigos, e tamén do entorno. 
Hoxe vos pedimos que vos convirtades en espías da natureza, busquedes exemplos de natureza que vos rodea nos lugares donde vivides esos momentos o aire libre..unha flor, unha árbore, un canciño, unha formiga etc..e queremos fotos ou vídeos de esa natureza que moitas veces pasa desapercibida.

Todos e todas a facer de espías naturistas e facer fotos e vídeos por favor!!
MOITAS GRACIAS.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

ACTIVIDADE CONTA CONTOS

Os nosos compañeiros do CEIP Salgado Torres teñen preparada unha actividade moi interesante para todos vós, tedes toda a información no cartazo. Moito ánimo!


CLASIFICACIÓN XERAL

CLASIFICACIÓN XERAL:

 CASE 35.000 ANTIVIRUS

LEVAMOS OITO SEMANAS DE XOGO E CASE 35.000 PUNTOS ACADADOS ENTRE OS 27 CENTROS PARTICIPANTES. SEREMOS CAPACES DE CHEGAR ESTA SEMANA AOS 40.000 PUNTOS?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.
ÁNIMO!!!

domingo, 17 de maio de 2020

RECURSO EDUCATIVO


RECURSO EDUCATIVO: 17 de maio de 2020

Bos días a todos e a todas:

¿Queredes ver animáis do mundo marino en tres dimensións?

Deixámosvos un enlace a un PDF a continuación, nel teredes todas as instrucción necesarias: os códigos QR, os debuxos.. etc.

Esperamos que vos guste.




sábado, 16 de maio de 2020

XOGA NA CASA

XOGO EN CASA: 

NOVA SEMANA,

NOVAS PROPOSTAS.

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER NA CASA. AÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.




RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

fapasconcepcionarenal@gmail.com

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

ACTUALIDADE

ACTUALIDADE: 16 de maio de 2020


Propoñémosvos que visitedes o programa "cocina con clan" onde o cociñeiro Enrique Sanchez coa axuda de pinches que serán nenos entre 4  e 12 anos farán recetas saudables, ademáis de coñecer de onde proceden os alimentos , visitas a carniceria e moitas cousas maís .Deixámovos un ligazón cun capitulo .Esperemos que vos gusten.







venres, 15 de maio de 2020

RETO 24


RETO 24: 15 de maio de 2020

PROBA CORPO EN FORMA: “Bolos”

A quen lle gusta xogar aos bolos? Pois a proba corpo en forma hoxe vai diso.
Para empezar o que debedes facer e conseguir os vosos  bolos, para iso podedes empregar: varias botellas de auga valeiras, botellas de actimeis, vasos de plástico.. o que se vos ocorra! Ademais de unha pelota! Obxecto mais que necesario.

Agora so queda montar a vosa pista e mans a obra!

Deixámosvos unhas imaxes de referencia.




PROBA MENTE EN FORMA: “Lapis a folla”

Para esta proba tan só necesitaredes unha folla e un lapis. Sinxelo verdade?
O que teredes que conseguir é realizar a forma da imaxe que vos deixamos a continuación sen levantar o lapis da folla nin sobrepor liñas.



ADIANTE!   
                
Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com



xoves, 14 de maio de 2020

CARPE DIEM 16

CARPE DIEM 16: 14 de maio de 2020

Bos días a todos e a todas:

ALIMÉNTATE DE MANEIRA SAUDABLE

¿Que vos parece convertirvos en cociñeiros por un día? Propoñémosvos como recurso educativo o xogo do" prato saudable".

Con este xogo aprenderedes o concepto de: alimento, prato e menu saudable. Ademáis de aprender a clasificar os alimentos, a distinguir cales son saudables e cales non o son.

Tamén vos convertiredes en cociñeiros  desenvolvendo a vosa imaxinación e creando diversos pratos para a comida, merenda, etc.

Para levar a cabo o xogo necesitaredes  imprimir o pdf que vos deixaremos a continuación onde aparecerán as cartas dos alimentos. 

PINCHA AQUI: 

Ao final do documento teredes os pratos para poder realizar os vosos menus.

Adiante cociñeiros/as.








mércores, 13 de maio de 2020

Reto 23

Reto 23: 13 de maio do 2020

Bos días a todos e a todas:

PROBA CORPO EN FORMA: "o xogo da mariola"

¿Sabedes que son os  xogos tradicionais? Son os xogos cos que xogaban anteriormente  os nosos pais e avós.
Propoñémosvos que para recordar esta boa tradición coas vosas familias realicedes o xogo da mariola. Este xogo  consiste en pintar no chan cunha tiza (tamén podedes facelo con cinta de carrocero) as casillas cos números do un ata o dez  para construír a mariola . 
Para comezar o xogo debedes situarvos detrás do primeiro número coa pedra na man  e lanzala a mariola. O cadro no que se sitúa a pedra chamase a "casa" e non se pode  pisar. Debes comezar o circuíto saltando a pata coxa nos cadros debuxados o cos pes xuntos  se se trata dun cadro dobre. O obxectivo do xogo e que a pedra pase por todos os cadrados ata chegar ao dez. 
No caso que perdades o equilibrio ou a pedra saíse do cadro pérdese a rolda e pasa ao seguinte xogador.


Deixámosvos un ligazón  explicando o xogo .






PROBA MENTE EN FORMA: "decora o teu balcón" 


Xa que estamos no mes de maio que é o mes da flores, propoñémosvos que decoredes os vosos balcóns de maneira orixinal. Tan só necesitades papeis en branco, pinturas, pegamento ou celo, tixeiras e desenrolar a vosa imaxinación. 

Deixámosvos algunha  imaxen .




Esperemos que vos gusten as propostas !!!!!!!!!!!


Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com