martes, 21 de abril de 2020

CARPE DIEM OLIMPIADAS

CARPE DIEM 9: 21 de abril de 2020


Bos  días a todos e a todas:
Como todos sabedes  esta semana estanse a celebrar os xogos olímpicos no cole.

¿Sabedes o que son é porque se chaman así?

Pois son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversos deportes de diferentes países. O seu nome e debido a que os primeiros xogos  olímpicos realizáronse en Olimpya, unha  cidade grega onde cada catro anos os mellores atletas  de todas as cidades (estados e reinos) de Grecia reuníanse  nesta cidade e competían en honra a Zeus, un dos deuses gregos. Supoño que tamén sabedes xa que sodes moi listos, que en todos os xogos  encontramos símbolos  importantes como son  a bandeira de cada país, os aros que representan os cinco continentes, a mascota, etc. 
Hoxe vamos a falarvos  do importante que é a "antorcha olímpica" ¿Sabedes que? Esta conmemora o roubo do fogo dos deuses por parte de Prometeo e a súa posterior entrega a humanidades. 

¿E sabedes que función fai nos xogos olímpicos a antorcha?

Varios meses antes da apertura dos xogos olímpicos esta antorcha acendese a través dunha cerimonia de iluminación en olympia (Grecia), representada por sacerdotisas gregas que como vestimenta levan a toga. 
Isto prodúcese a través dun procedemento onde a calor do sol concéntrase nun espello parabólico e a chama acéndese. Despois a primeira atleta colle a antorcha que é transportada a través dunha carreira de relevos de diferentes atletas ata a cidade  onde se realizan os xogos olímpicos que este ano se celebrarían en Tokio. Unha vez alí, o último  atleta que será anónimo  e o responsable de acender o pebetero olímpico onde se manterá a chama ata que finalicen os xogos. 


Deixámosvos unha ligazón para que miredes de maneira lúdica o desprazamento da antorcha olímpica.




Propoñémovos como recurso educativo que fagades unha antorcha  olímpica e desfiledes pola vosa casa compartindoa coas vosas familias como se fórades diferentes atletas. A través deste ligazón explicámosvos como se elabora. 






  





Ningún comentario:

Publicar un comentario