RETO 24: 15 de maio de 2020
PROBA CORPO EN FORMA: “Bolos”
A quen lle
gusta xogar aos bolos? Pois a proba corpo en forma hoxe vai diso.
Para empezar o que
debedes facer e conseguir os vosos
bolos, para iso podedes empregar: varias botellas de auga valeiras, botellas
de actimeis, vasos de plástico.. o que se vos ocorra! Ademais de unha pelota! Obxecto
mais que necesario.
Agora so queda
montar a vosa pista e mans a obra!
Deixámosvos
unhas imaxes de referencia.
PROBA MENTE EN FORMA: “Lapis a folla”
Para esta proba tan só necesitaredes
unha folla e un lapis. Sinxelo verdade?
O que teredes que conseguir é realizar a
forma da imaxe que vos deixamos a continuación sen levantar o lapis da folla
nin sobrepor liñas.
ADIANTE!
Se estas interesado en que se publique a resposta do teu
reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos
permiso no mesmo email da resposta.
***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun
amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso
que envíe un video, 10 puntos extra.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario