mércores, 20 de maio de 2020

RETO 26

RETO 26: 20 de maio de 2020

Bos dias nenos e nenas:

RETO MENTE EN FORMA: "Adiviña a mensaxe "

Hoxe como reto propoñemosvos este divertido xogo  chamado "mensaxe na costa".
Para levalo cabo teredes que facer un debuxo nunha folla e logo cos vosos  dedos debuxalo na costa dun familiar o un familiar debuxalo na vosa costa. 
Deixamosovos este ligazón para que  vexades como se fai.



https://www.youtube.com/watch?v=qi6uB1Lqtr4



RETO CORPO EN FORMA : "que non caia o ovo"

O outro día falamos  dos xogos tradicionais. Pois hoxe propoñémosvos outro xogo  "o ovo e  a cuchara".
Para levalo a cabo necesitades buscar un espacio libre de obstáculos  para facer o circuito. Logo teredes que coller unha cuchara e poñer dentro dela unha pelota de ping pong ou facer unha pelota con papel. Despois debedes facer un recorrido xuxetando coa vosa boca  a cuchara coa pelota dentro  sen que vos caiga, ida e volta durante  tres  veces. Deixámosvos un ligazón para que o vexades.



Esperamos que vos gusten .

Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario