venres, 22 de maio de 2020

RETO 27


RETO 27: 22 de maio de 2020

PROBA CORPO EN FORMA: “Equilibrio”

Como ides de equilibrio? Hoxe imos a comprobalo.

Debedes coller algo que de seguro tedes pola casa, un rolo de papel hixiénico!
Estades listos? agora vos explicamos que debedes facer con el:

  1. Este debedes colocalo na cabeza e a continuación camiñar en liña recta.
  2. Como cremos que isto para vos é moi fácil vamos a complicalo un pouquiño, co papel hixiénico na cabeza debedes agacharvos e conseguir tocar o chan.
  3. E xa para os mais expertos equilibristas co rolo de papel na cabeza e a pata coxa debedes ir agachándovos.

Conseguirédelo? Quen se atreve a facelo non con un, senón con dous rolos de papel?

PROBA MENTE EN FORMA: “Adiviña matemática”

E agora no reto mente en forma teredes que pensar e votar contas, a continuación deixámosvos un crebacabezas. Seredes quen de resolvelo?

Un coello viu a seis elefantes mentres se dirixía ao río.
Cada elefante viu a dous monos que se dirixían ao río.
Cada mono sostén un loro nas súas mans.
¿Cantos animais can cara o río?
                                    
Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario