martes, 31 de marzo de 2020

CARPE DIEM


Ola a todos!!

Un día máis deixámosvos un recurso educativo que vos mesmos podedes facer na casa. 
Trátase dun conto relacionado co coronavirus para explicarlle aos màis pequenos que debido a esta situación debemos evitar darnos bicos e abrazos e tamén sobre a importancia de quedar na casa.

E se vos mesmos vos animades a facelo, dicir, que se trata dun conto moi sinxelo de recordar e tan só necesitaredes un folio que debedes recortalo para facer un cadrado de 21.5cm x 21.5cm e xa estades listos para comezar a contar a historia!

¡Adiante vídeo!



Dende XAQUE AO VIRUS animámosvos a facelo!

*Se necesitades axuda con algunha figura podedes escribirnos a: fapasconcepcionarenal@gmail.com

RESPOSTA RETO 4

Bos días queridas familias.

Empezamos a compartir con vós as respostas que estamos a recibir do Reto 4; neste caso a foto ca solución do enigma é de Nico Veiga e familia.


Moitas gracias por participar, neste e nos outros retos, Nico!!


Queremos animar a participar a moita màis xente do cole, votamos en falta a moitos nenos e nenas, estas actividades son para todos vós.

Ahh por certo Nico... resposta correcta!! Un aplauso!!

Hoxe é martes e toca sección de Carpe Diem..sobre ás 12 teredes no blog unha actividade espectacular 100% recomendable!! Estade atentos!!

Xa temos outra resposta do Reto 4 para amosaros!! Desta vez é Emma Muleiro Ceñal facendo a proba de "Corpo en Forma"..pódese afirmar que é un pingüino profesional.
Moitas gracias familia por participar!!


luns, 30 de marzo de 2020

RETO 4

Bos días e boa semana a todos e todas, hoxe é luns e toca dous novos retos. Imos aló!!


PROBA CORPO EN FORMA: "Carreira de pingüinos"

No vídeo que tedes a continuación aparece ben explicado o que tedes que facer para superar a proba. Ánimo a todos, e a participar para conseguir máis puntiños!! 



PROBA MENTE EN FORMA: "Candado viral"

Hoxe a proba de "Mente en Forma" vai relacionada ca lóxica, ca lóxica matemática en concreto. Para superar a proba só tedes que responder vía email, non importa si erras na resposta, o que queremos é que participedes, e si acertades moito mellor.
Podedes enviar un texto, unha foto ou un vídeo dicindo a resposta, recordade que o vídeo son 10 puntos.
O nivel de dicultade da proba de hoxe é bastante elevado para os máis peques do cole, necesitarán a axuda dos máis maiores da casa para poder participar ( casi que é para eles), está un pouquiño máis enfocado ós mozos e mozas dos últimos cursos do cole que terán que exprimir un pouco os miolos, e si o necesitan, tamén poderán pedir consello ós máis expertos da casa.

Trátase de un reto viral que seguramente moitos coñecedes pero outros quizá non, así que aquí o tedes: 





Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón, ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com















CLASIFICACIÓN

Moi boas familias!!
Xa vai unha semana dende que arrincamos este xogo on line pensado para pasar un rato entretido na casa, exercitando corpo e mente, perantes dure este encerro, obrigado e imprescindible, para vencer o maldito virus. 

E tras esta primeira semana, podemos ensinar a primeira clasificación xeral...
QUE NERVIOSSS!!!






Nesta primeira clasificación ocupamos a terceira posición con 274 puntazosss!!! medalla de bronce NORABOA!!!
Noraboa tamén ós compañeiros dos outros coles, esta non fixo màis que comenzar.

Ás 12h novo reto, estade moi atentos!! Todos a participar!! Moitas apertas!! 



domingo, 29 de marzo de 2020

ACTUALIDADE

Bos días con alegría, a disfrutar do domingo na casa!!
Seguimos esperando màis respostas do Reto 3, que o podedes buscar nas columnas da dereita, moito ánimo e a participar!!

Mentres deixámosvos cun pouquiño de información de actualidade:

Os Museos Científicos propoñen actividades diarias e reforzan a información veraz sobre a pandemia

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/os-museos-cientificos-proponen-actividades-diarias-e-reforzan-a-informacion-veraz-sobre-a-pandemia/suceso/1453723620246

sábado, 28 de marzo de 2020

CARPE DIEM

CARPE DIEM 2:

Bos días a todos e todas :


Para disfrutar un pouco da música, dun xeito lúdico e divertivo, propoñémosvos as seguintes ligazóns como recurso educativo.
A través deles, os vosos fillos aprenderán cal é a clasificación dos diferentes instrumentos musicais, os diferentes xéneros que  hai, cal é a historia da música, tamén descubrirán algúns sons novos e sons que escoitan na súa vida cotiá.
Tamén hai  un conto musical "Pedro e o lobo" a través do programa "concertazo" e por último un pouco de música clásica.

Bo fin de semana musical, moitas apertas e moito ánimo. #quedatenacasa




RESPOSTA RETO 3

Empezamos a recibir respostas do Reto 3, queremos moitas máis!!
Aquí vos amosamos un delicioso xeado de plátano feito por Eduardo Rodíguez Serantes e a súa familia.
Moitas gracias por participar, unha aperta e ánimo a todos e todas! 


Nicolás tamén nos amosa o seu xeado! Como non tiña froita puxo a funcionar o seu inxenio e decidiu facelo de chocolate! Que boa pinta ten!


E lembrade, se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón, ou autorizarnos no mesmo email da resposta:

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

ACTUALIDADE

Bos días con alegría!! Hoxe é sábado e desexando que pasedes un fin de semana estupendo, sempre que vos quededes en casa, querémosvos propoñer algunha actividade que mereza a pena para encher a vosa apretada axenda, e esta cremos que merece a pena xa que mistura música, deporte e solidaridade !! A partir das 18h.



Poderase ver en moitas plataformas, pero si queredes podédole ver clicando no seguinte enlace:

Concerto solidario en directo.

Como cremos que o fin de semana é un tempo perfecto para disfrutar da música en familia, ás 12h subiremos un novo post na nosa sección Carpe Diem donde vos propoñemos unha morea de recursos musicais, estade atentos. 

Seguimos esperando as respostas do Reto 3, moito ánimo que o luns xa sabremos a primeira clasificación!!

Apertas familias!! 





venres, 27 de marzo de 2020

RETO 3


RETO 3: 27 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: “xeado antivirus”

O pasado 20 de marzo comezou a primavera, recordádelo? E que vos parece se para celebralo preparamos un fantástico xeado do que vos elixades? Queredes saber como? Pois continuade lendo e agora vos explicamos como facelo.

Tan so necesitaredes uns poucos ingredientes:

  • Froita conxelada.
  • Leite.
  • Azucre.


Elaboración:

  • Para comezar debemos conxelar froita en anacos ou ben mercala conxelada (algúns establecementos  que a venden conxelada son o “eroski” ou o “mercadona” ).
  • A continuación pasaremos a froita conxelada pola batedora engadindo un pouco de leite, (esta cantidade dependera da froita que empreguedes, o ideal é ir introducindo en cantidades moi pequenas) este pode ser sen lactosa, de avena, de amendoas, etc.. vos elixides!
  • E por último só queda probalo para comprobar se precisa azucre.

Esperamos que se vos faga a boca auga so de pensalo como nos ocorre a nos!



PROBA CORPO EN FORMA: “A suar”

Xa que ides a comer un xeado como uns campións é hora de eliminar calorías cuns bos exercicios!
Deixámosvos un vídeo de case cinco minutos para que realicedes.






Ánimo campións!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

xoves, 26 de marzo de 2020

RESPOSTA RETO 2

E casi no tempo de desconto nos chega unha carta espectacular do gran Manuel Tomé, gracias por participar e moito ánimo co encerro na casa.
Apertas grandes a todos...e moi atentos en 5 min. subimos novo reto!!! Todos a participar!!




Moi boas familias!! Empezamos a compartir con vós as respostas do Reto 2.
Animádevos todos a facer o reto!! Tedes hasta mañá ás 12h para conseguilo.
Queremos máis puntos de antivirus para o colexio, moito ánimo!!


Moitas gracias á fenómena de Manuela e a súa familia, gracias a vós conseguiremos 20 puntos de antivirus.

E agora unha mensaxe de ànimo, gracias  Nico!






CARPE DIEM

Moi boas familias. Hoxe presentamos unha nova sección do blog, chamada
" CARPE DIEM".

Nesta sección intentaremos subir recursos educativos sobre diferentes materias, sempre dende un punto de vista lúdico. Tamén subiremos moitas outras cousas que cremos que poden ser do voso interese. Esperamos que vos gusten.

Estos recursos NON TEÑEN NADA QUE VER COS RETOS que plantexamos habitualmente, polo tanto NON tedes que responder vía email.


CARPE DIEM 1: Se queredes pasar un rato divertido, hoxe propoñémosvos que leades o conto

" A que sabe a lúa ".
Despois se vos apetece, unha suxerencia de actividade, reciclando material que teredes nas vosas casas, podedes elaborar os personaxes do conto e facer unha pequena representación.

Aquí tedes unha ligazón co libro en pdf e tamén en vídeo.

https://es.slideshare.net/mdm1410/a-qu-sabe-la-luna-58531516
https://www.youtube.com/watch?v=_rAa5vQDaXY

A disfrutar en familia!!

Exemplo de como elaborar os personaxes do conto :















mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 2



PROBA MENTE EN FORMA: “Carta de ánimo”

Nestes momentos tan duros para todos , os que peor o están a pasar son sen dúbida os pacientes que se atopan ingresados por contraer o covid-19 en diferentes hospitais de España.
Son momentos de loita para erradicar o virus xuntos. Eles son unha parte da poboación que necesita o noso apoio, debido a que non poden estar cos seus seres queridos debido o contaxio. Polo tanto cremos que se lle escribides unha postal o unha carta orixinal dándolle ánimos, faredes que pasen unha  estancia mais amena e agradable no hospital , ademais de sacarlle unha sonrisa.
Unha vez redactada a carta podedes enviarnos un video lendoa ou unha foto da mesma.



PROBA CORPO EN FORMA: “A bailar con alegría”

Para manter un bo estado físico e comenzar ben o día, propoñémosvos  que lle mostredes este divertido baile que de seguro xa coñeces “O baile do cadrado” as vosas  familias.
Facede un video o unha foto bailando todos xuntos e así pasaredes un rato divertido facendo actividade física.

https://m.youtube.com/watch?v=ZxUVaSDNC2U.

Moito ánimo a todos e gracias por participar!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




RESPOSTA RETO 1

Bos días familias!! Hoxe é mércores e as 12h aparecerá un novo reto pero antes queremos compartir con vós a primeira resposta que tivemos do Reto 1 e que nos fixo moita ilusión.
Temos moitas respostas do Reto 1, moitas gracias,  pero non podemos subilas ata ter a autorización de imaxe, esta autorización podédenola dar, si queredes,  pinchando no enlace
 https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
ou dicindo no mesmo email que nos enviadas cos retos superados que autorizades a subir o contido.
Moitas gracias de corazón pola participación !!!





Outras respostas do Reto 1, moitas gracias!!!








luns, 23 de marzo de 2020

RETO 1

 RETO 1: 23 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a      gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo  visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.

O reto consiste en facer visible o lema #QuédateEnCasa,  en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….



PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"


Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

            fapasconcepcionarenal@gmail.com




domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE MATE AO VIRUS

Xogo virtual
XAQUE AO VIRUS



Qué é "Xaque ao virus"?

É unha proposta en liña para a promoción da saúde física e mental adaptada á situación de confinamento familiar na que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Esta proposta está dirixida a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non centro", "Ocio educativo" e "Luditarde", co fin de seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

Obxectivo do xogo

O xogo consiste en superar diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar nas posicións na clasificación xeral.

Cales son os retos?

Son probas sinxelas que tes que pasar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

- Proba o CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que podes facer na casa.

- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as farás facilmente.



Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 do mediodía. TEN 36 HORAS PARA REALIZAR CADA DESAFÍO.

Cómo superar os retos?

É moi sinxelo, só tes que enviar unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico deste blog.

Lembra que a foto é o traballo 1 punto e o vídeo 10 puntos!


Atrévete!


UNIDOS VENCEREMOS