xoves, 26 de marzo de 2020

CARPE DIEM

Moi boas familias. Hoxe presentamos unha nova sección do blog, chamada
" CARPE DIEM".

Nesta sección intentaremos subir recursos educativos sobre diferentes materias, sempre dende un punto de vista lúdico. Tamén subiremos moitas outras cousas que cremos que poden ser do voso interese. Esperamos que vos gusten.

Estos recursos NON TEÑEN NADA QUE VER COS RETOS que plantexamos habitualmente, polo tanto NON tedes que responder vía email.


CARPE DIEM 1: Se queredes pasar un rato divertido, hoxe propoñémosvos que leades o conto

" A que sabe a lúa ".
Despois se vos apetece, unha suxerencia de actividade, reciclando material que teredes nas vosas casas, podedes elaborar os personaxes do conto e facer unha pequena representación.

Aquí tedes unha ligazón co libro en pdf e tamén en vídeo.

https://es.slideshare.net/mdm1410/a-qu-sabe-la-luna-58531516
https://www.youtube.com/watch?v=_rAa5vQDaXY

A disfrutar en familia!!

Exemplo de como elaborar os personaxes do conto :















Ningún comentario:

Publicar un comentario