venres, 27 de marzo de 2020

RETO 3


RETO 3: 27 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: “xeado antivirus”

O pasado 20 de marzo comezou a primavera, recordádelo? E que vos parece se para celebralo preparamos un fantástico xeado do que vos elixades? Queredes saber como? Pois continuade lendo e agora vos explicamos como facelo.

Tan so necesitaredes uns poucos ingredientes:

  • Froita conxelada.
  • Leite.
  • Azucre.


Elaboración:

  • Para comezar debemos conxelar froita en anacos ou ben mercala conxelada (algúns establecementos  que a venden conxelada son o “eroski” ou o “mercadona” ).
  • A continuación pasaremos a froita conxelada pola batedora engadindo un pouco de leite, (esta cantidade dependera da froita que empreguedes, o ideal é ir introducindo en cantidades moi pequenas) este pode ser sen lactosa, de avena, de amendoas, etc.. vos elixides!
  • E por último só queda probalo para comprobar se precisa azucre.

Esperamos que se vos faga a boca auga so de pensalo como nos ocorre a nos!



PROBA CORPO EN FORMA: “A suar”

Xa que ides a comer un xeado como uns campións é hora de eliminar calorías cuns bos exercicios!
Deixámosvos un vídeo de case cinco minutos para que realicedes.






Ánimo campións!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario