mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 2



PROBA MENTE EN FORMA: “Carta de ánimo”

Nestes momentos tan duros para todos , os que peor o están a pasar son sen dúbida os pacientes que se atopan ingresados por contraer o covid-19 en diferentes hospitais de España.
Son momentos de loita para erradicar o virus xuntos. Eles son unha parte da poboación que necesita o noso apoio, debido a que non poden estar cos seus seres queridos debido o contaxio. Polo tanto cremos que se lle escribides unha postal o unha carta orixinal dándolle ánimos, faredes que pasen unha  estancia mais amena e agradable no hospital , ademais de sacarlle unha sonrisa.
Unha vez redactada a carta podedes enviarnos un video lendoa ou unha foto da mesma.



PROBA CORPO EN FORMA: “A bailar con alegría”

Para manter un bo estado físico e comenzar ben o día, propoñémosvos  que lle mostredes este divertido baile que de seguro xa coñeces “O baile do cadrado” as vosas  familias.
Facede un video o unha foto bailando todos xuntos e así pasaredes un rato divertido facendo actividade física.

https://m.youtube.com/watch?v=ZxUVaSDNC2U.

Moito ánimo a todos e gracias por participar!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario