venres, 3 de abril de 2020

RETO 6


RETO 6:  3 de abril de 2020



PROBA MENTE EN FORMA: "Este debuxo está para comelo"


SI SI! Como ledes, o voso terceiro reto para ter a mente en forma consistirá en facer un debuxo que ides comer. 
E preguntarédesvos como! Pois moi sinxelo, debedes realizar un debuxo con froita para a vosa merenda, unha merenda moi rica e saudable para así facer fronte ao coronavirus e eliminalo canto antes. 
A continuación deixámosvos unha foto para que teñades como exemplo, pero vos poderedes facer o debuxo que mais vos guste, solo tedes que poñer no buscador de google “figuras con frutas” e escoller un.  

Estamos seguros de que estades feitos uns chefs! 




PROBA CUERPO EN FORMA: "Yoga dende a casa" 



Vamos a relaxarnos un pouco para acoller ao fin de semana cos brazos abertos e cheos de enerxía, e para iso vamos a facer unha pequena sesión de yoga.
Comezaremos con unhas posturas moi sinxelas que todos seredes capaces de facer, pero para iso é moi importante ter en conta:

  • Debedes empregar roupa cómoda e usar unha esterilla. (Se non tedes podedes empregar unha alfombra que non escorra)
  • A hidratación e moi importante, así que a beber auga todo o mundo!
  • Teredes que ter en conta non forzar o corpo mais da conta, xa que podedes facervos dano. A figura non ten que saír perfecta xa que para moitos de vos será a vosa primeira vez.
  • E como último consello o mellor momento para este exercicio é despois de comer.


Como vedes só tedes que seguir catro pautas para realizar este exercicio como todos uns expertos. Fácil verdade?



Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón, ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.


fapasconcepcionarenal@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario