xoves, 2 de abril de 2020

CARPE DIEM

CARPE DIEM 4


Bos días a todos e todas: 

Como todos sabedes neste momento existe un virus chamado covid -19, ou tamén coñecido como coronavirus. 
Con este terceiro recurso educativo chamado “Experimenta evitando a propagación do covid-19” pretendemos concienciarvos da importancia que ten lavarse as mans con xabón para evitar o contaxio.

Para levar a cabo este experimento tan só necesitaremos estes materiais: 

  • Un prato branco ( para ver mellor o experimento).
  • Un pouco de pementa ou outra especie en po.
  • Un pouco de lavalouzas ou xabón líquido.
A continuación deixámosvos un vídeo de como realizalo:





Como podedes comprobar cando un de vós mete o dedo no prato onde está a pementa simulando que é o covid-19 observades que os bichos quedan pegados no dedo. En cambio cando se bota xabón no prato podedes comprobar que o “virus” escapa de nós, evitando así a propagación deste.







1 comentario: