mércores, 15 de abril de 2020

RETO 11

RETO 11: 15 de abril de 2020

PROBA CORPO EN FORMA: "Demostra as túas habilidades"


¿Queredes pasar un bo  día facendo exercicio de maneira divertida? Proponémosvos que fagades este divertido circuito caseiro de maneira individual ou se queredes tamén podedes animar a  facelo as  vosas  familias ou  amigos. 
Esperemos que o pasedes moi ben demostrándonos  o vosos dotes de equilibro e coordinación.



PROBA MENTE EN FORMA: "Aprende vocabulario xogando"


¿Queredes demostrar a vosa axilidade  mental, ademáis do amplio dominio de vocabulario que tedes.

Propoñémosvos o xogo do" tutifruti" para que o fagades coas vosas familias. Para levalo a cabo necesitaredes un lápiz e unha folla  por cada xogador para facer a  vosa planilla. Esta debe estar  formada por columnas, cada  unha delas debe ter un título por exemplo (nomes, cores, paises, animáis , roupa , etc) podedes poñer os títulos que desexedes, a última columna debe chamarse total, que é onde tedes que anotar cada xogador os puntos conseguidos en cada partida. O xogo comenza cando  en cada partida un xogador di unha letras e todos os participantes teñen que escribir con esa letra o títulos que comprenden a plantilla. Deixámovos unha ligazón para que vexades como se xoga, ademáis dunha imaxen como exemplo . Esperemos  que vos gusten a actividades e nos enviedes  a vosas  respostas.


 https://www.youtube.com/watch?v=Y1zU9RtQ3j0

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario