xoves, 16 de abril de 2020

CARPE DIEM 8

CARPE DIEM 8: 16 de abril de 2020

CRECEMENTO DUNHA LEGUME


Bos días a todos e a todas:

¿Queredes aprender o proceso de crecemento dunha pranta ,ademáis de convertirvos en xardiñeiros por un día?.
Propoñémosvos como recurso educativo que prantedes nun envase de iogur ou nun tarro de cristal  unha legume como pode ser unha lentella , xudias etc.
Con este experimento pretendemos que aprendades as partes que ten unha pranta , aprender a ter cargos de responsabilidade, xa que teredes que regala para que medre,  ademáis de aprender o seu proceso de crecemento .
Para levar a cabo o voso experimento necesitades :un envase de iogur vacío ou un tarro de cristal, unha semilla dalgunha  legume , auga e algodón.O proceso de elaboración consiste en meter na metade do vaso de iogur ou no bote de cristal algodón,despois depositarase a semilla no algodón a dóus centímetros da superficie. Despois terás que regala e poñela  nun lugar luminoso e calido. No prazo de dóus  ou tres días a vosa semilla irase hinchando e nacerán duas follas pequenas , eso significa que a vosa pranta xa  naceu  e o voso experimento foi un éxito, todos os días debedes regala para que vaia medrando. Deixámosvos a ligazón para que vexades como se fai este bonito experimento.
Esperemos que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=AwxA9rSDe4A

Ningún comentario:

Publicar un comentario