Bos días a todos e a todas:
PROBA CORPO EN FORMA: "o xogo da mariola"
¿Sabedes que son os xogos tradicionais? Son os xogos cos que xogaban
anteriormente os nosos pais e avós.
Propoñémosvos que para recordar esta boa tradición coas vosas familias
realicedes o xogo da mariola. Este xogo consiste en pintar no chan cunha
tiza (tamén podedes facelo con cinta de carrocero) as casillas cos números do
un ata o dez para construír a mariola .
Para comezar o xogo debedes situarvos detrás do primeiro número coa pedra
na man e lanzala a mariola. O cadro no que se sitúa a pedra chamase a
"casa" e non se pode pisar. Debes comezar o circuíto saltando a
pata coxa nos cadros debuxados o cos pes xuntos se se trata dun cadro
dobre. O obxectivo do xogo e que a pedra pase por todos os cadrados ata chegar
ao dez.
No caso que perdades o equilibrio ou a pedra saíse do cadro pérdese a rolda
e pasa ao seguinte xogador.
Deixámosvos un ligazón explicando o xogo .
PROBA MENTE EN FORMA: "decora o teu balcón"
Xa que estamos no mes de maio que é o mes da flores, propoñémosvos que decoredes os vosos balcóns de maneira orixinal. Tan só necesitades papeis en branco, pinturas, pegamento ou celo, tixeiras e desenrolar a vosa imaxinación.
Deixámosvos algunha imaxen .
Deixámosvos algunha imaxen .
Esperemos que vos gusten as propostas !!!!!!!!!!!
Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.
***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario