RETO 21: 8 de maio de 2020
PROBA CORPO EN FORMA: “Correndo como
animais”
Cantas
veces vos dixeron na casa que sodes como unhas cotorras polo moito que falades
ou que parecedes un canguro porque estades todo o día saltando?
Pois
hoxe chegou a hora de mostrarlle aos vosos pais o animaliño que levades dentro.
Teredes
que realizar tres carreiras simulando que sodes diferentes animais como por
exemplo:
- Unha rá.
- Un cangrexo.
- Unha serpe.
Competide
coa vosa familia a ver quen é o mais rápido de cada un dos animais.
PROBA MENTE EN FORMA: “Músico en proceso”
Hoxe ides a convertervos en músicos, e como
bo músico debes ter o teu instrumento favorito, pero nada de ir compralo! Aquí
toca poñerse mans a obra e realizalo vos mesmos.
Eu xa teño o meu! Uns
cascabeis disfrazados de abella.
Agora tócavos a vos! Usade a imaxinación,
podedes facer o instrumento que vos queirades.
Se estas interesado en que se publique a resposta do teu
reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos
permiso no mesmo email da resposta.
***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun
amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso
que envíe un video, 10 puntos extra.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario