luns, 4 de maio de 2020

RETO 19

Moi boas a todos e todas!

Comezamos unha nova semana e un novo mes neste maravilloso xogo de "Xaque ao Virus" e dende logo que lle estamos a dar xaque entre todos, cada día somos màis fortes e o bichiño màis débil, temos que seguir con moito ánimo e entre todos acabaremos de derrotalo. 

Imos cas dúas probas do reto de hoxe luns.

Proba Corpo en Forma: "Torre de hixiénicos"

Xa sabemos porqué nos primeiros días do estado de alarma a xente mercaba tantos rolos de papel hixiénico, todos querían facer na casa xogos con eles e divertirse facendo probas como esta; intentadeo ca cantidade de rolos que poidades e non importa se vos cae, o importante e intentalo, podedes facer unha torre de cinco?... aquí tedes un exemplo:





Proba Mente en Forma: "Boliche"

A proba de hoxe é facer unha manualidade adaptando o material que tedes na casa. 
O xoguete que ides a crear ten varios nomes, o màis empregado é o de "Boliche". 
Para poder crealo e xogar con él deixámosvos dúas guías moi sinxelas donde empregan distintos materiais, vós podedes adaptalos e facelo o voso gusto..se pinchades nas imaxes 
veredes como se fai, a disfrutar en familia e todos a xogar, moito ánimo!!






Se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario