RETO: CORPO EN FORMA
Bos días a todos e todas:
¿Queredes demostrar a flexibilidade que tedes co voso corpo? Por suposto que si!!!!! Como reto de hoxe propoñémosvos que a través da realización de
posicións co voso corpo tedes que formar catro letras, o ideal é facelo por parellas pero tamén o podedes probar en solitario ou grupos màis grandes.
Ánimo grandes ximnastas!!!!!!!
A través desta imaxe explicámosvos coma se fan as letras co corpo.
RETO: MENTE EN FORMA
Hoxe propoñémosvos que fagades un "Tres en raia" con material reciclado.
O material que necesitades para facer este xogo de mesa consiste nun anaco de papel , de cartulina ou cartón, ademáis dun rotulador para facer o taboleiro e para elaborar as fichas necesitades cartulina ou tapóns de botellas. Se queredes facelo de maneira sinxela so necesitades un lapiz e un papel.Debedes facer duas líneas horizontais e duas verticais formando unha cuadrícula de nove espacios. Por turnos cada xogador debe poñer unha X ou un O intentando facer unha liña vertical , horizontal ou diagonal.
A través destas liganzóns veredes algúns exemplos.
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón, ou darnos permiso no mesmo email da resposta.
PULSA AQUI: https://forms.gle/ QvrYpN37KAJPiRDz9
PULSA AQUI: https://forms.gle/
***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.
fapasconcepcionarenal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario