mércores, 1 de abril de 2020

RETO 5

RETO 5: 1 abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "todo o mundo a reciclar"

O voso quinto reto consistirá en que debedes demostrar as vosas dotes de creatividade.

Como todos sabedes na casa temos un lote de material que podemos reciclar para facer moitas manualidades. Propoñémosvos que con rolos de papel demostredes as vosas dotes creativas e fagades dous animais.


Deixámosvos un exemplo como referencia.




Estamos seguros que sodes uns artistas!


PROBA CORPO EN FORMA: "calorias fora"

Pensades que non se pode realizar deporte na casa? Pois claro que sí!!


Para a actividade que vos propoñevos hoxe tan só necesitades un espazo amplo e libre de obstáculos, unha esterilla ou alfombra e unha botella de auga.
Este reto consistirá nun circuito de cinco exercicios físicos para que o realicedes cas vosas familias e pasedes un día agradable queimando calorías. A continuación a través  de este vídeo ou esta ligazón  podedes ver os cinco exercicios .Non é necesario que o realicedes perfectos, xa que para algúns é a vosa primeira vez. Cando rematedes os exercicios non vos esquezades de estirar.


Ánimo grandes atletas!


https://www.youtube.com/watch?v=XV2eDJ2QYfg&feature=youtu.be






Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón, ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com








Ningún comentario:

Publicar un comentario