luns, 13 de abril de 2020

RETO 10

Moi bos días queridas familias!! Xa queda menos!!
Aquí estamos un día máis con todos vós para propoñervos dous novos retos e empezar esta nova semana con ánimo e enerxia!! 
Todos e todas a participar.. 

Proba " Corpo en forma".

A que vos sona: 
Coordinación ollo-man
Desplazamentos
Multisaltos
Reptacións
Lanzamentos
Coordinación xeral

Son o que chamamos habilidades motrices básicas. No vídeo que tedes a continuación aparecen exemplos de todo o anterior, para superar o reto teredes que facer polo menos tres habilidades, adaptando o espacio e o material da vosa casa!! Ánimo e moita enerxía!!




Proba "Mente en forma" 

Hoxe teredes que resolver un pequeno enigma, moi sinxelo de responder.

Para saber cal é o enigma e poder respondelo, teredes que descifralo empregando un código de símbolos e letras. Moi sinxelo tamén.

Cando descrifredes a pregunta gustaríanos recibir a resposta,  decindo o enigma e a resposta final mediante un vídeo, unha foto ou como queirades..o reto é facer a proba non acertar a resposta.

Aquí o tedes:





Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón, ou darnos permiso no mesmo email da resposta.

PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

***Puntuación**
1 foto = 1 punto
1 video = 10 puntos
Unha foto de outra persoa da casa ou dun amiguito/a do colexio que non está
nas actividades, un punto extra; e no caso que envíe un video, 10 puntos extra.

fapasconcepcionarenal@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario