luns, 6 de abril de 2020

RESPOSTA RETO 6 ( 2ª Parte)

Moi boas familias!! Xa queda menos. 

Hoxe é luns e polo tanto faremos unha actualización da Clasificación que se poderá ver a media mañá e tamén, por suposto, teredes un novo reto ás 12h. Estade moi atentos !!

Imos actualizar as respostas de Reto 6 que nos foron chegando, neste caso as protagonistas son Enma Muleiro e Julia Souto facendo as actividades que propoñíamos. Moitas gracias e a seguir participando!!

Tamén recibimos outras respostas como as de Paula e Irene, que ben o fixeron !! Recordade que non podemos subir as respostas se non temos algún tipo de autorización de imaxe, moitas gracias as dúas!! 





E SI VOS PREGUNTADES SI O BLOG TAMÉN SE VAI DE VACACIÓNS ESTA SEMANA SANTA..............POIS NON!! 
ESTAREMOS CON VÓS TODA A SEMANA, TODOS OS DÍAS, ESPERANDO QUE SIGADES ATENTOS O QUE IMOS PROPOÑENDO E FACENDO QUE ESTA ETAPA NA CASA SEXA O MÁIS AGRADABLE PARA TODOS. MOITO ÁNIMO, XA QUEDA MENOS!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario