BOS DÍAS!
Como todos sabedes
mañá é día de Pascua, tamén chamado día de Resurrección.
Sabedes o
porque? Pois porque a relixión cristiana conmemora o regreso de xesucristo,
considerando este día o mais santo do ano. Doutra banda, quen non son
cristiáns, celebran durante a mesma xornada o comezo da primavera.
E.. sabedes
algúns datos curiosos do día da pascua?
- Crese que a palabra “pascua” provén da festa pagana en honrra a Eostre, esta era a deusa da primavera, que simboliza o renacemento.
- Outros pensan que a súa orixe é a palabra alemá eostarun, que significa "amencer" e "branco".
- A idea do coelliño de Pascua tivo a súa orixe en Alemaña e foi levada aos Estados Unidos por inmigrantes alemáns que se estableceron en Pensilvania na década de 1700.
- Os alemáns crían que o coelliño de Pascua era unha lebre branca que deixaría ovos de cores para bos nenos na mañá de Pascua. Os pequenos construíron niños con paus e follas fóra, e así comezou a primeira busca.
E agora que xa sabedes algúns datos curiosos deste día, animadesvos a facer o voso coelliño?
Se estás interesado en que se publique a resposta desta actividade, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
PULSA AQUI: https://forms.gle/ QvrYpN37KAJPiRDz9
PULSA AQUI: https://forms.gle/
Ningún comentario:
Publicar un comentario